Adega

As modernas instalacións da Adega están dotadas da maquinaria necesaria para alcanzar a máxima calidade nos seus viños. Conta con depósitos de aceiro inoxidable de entre 5 mil e 25 mil litros de capacidade, prensa neumática, equipo de frío, filtro tanxencial e demáis maquinaria de última xeración.

Actualmente a Adega mantén acordos a longo prazo con viticultores da zona do Salnés, propietarios de viñas seleccionadas pola sua alta calidade. Paulatinamente, estanse a integrar na estructura productiva da Adega viñedos propios, ubicados en zonas próximas á Adega.

A Adega Castro Baroña só utiliza a variedade Albariño nas suas marcas Castro Baroña e Lagar do Castelo, conseguindo así viños que reflicten fielmente o carácter da zona do Salnés e da D.O. Rías Baixas.

Loading images
loading
 

boton_seleccion

boton_castro

boton_lagar