AWC Vienna 2010: Premiados os nosos albariños Castro Baroña e Lagar do Castelo

O pasado venres 1 de outubro notificouse ás diferentes adegas participantes os resultados obtidos por cada viño no concurso AWC Vienna.
O AWC Vienna está considerado como a única valoración de viños internacionais oficial de Austria pola Unión Europea, na que participaron 10.951 viños de 1.733 productores de 36 nacións de cinco continentes.
Os nosos viños foron merecedores das seguintes distincións:
"Lagar do Castelo" Medalla de Prata
"Castro Baroña" Selo de Calidade

Os nosas marcas seguen adquirindo prestixio e éxitos.

 

Lagar do Castelo-Albariño: Medalla de Prata en Mundus Vini

Con gran satisfacción desexamos anunciar que a nosa marca "Lagar do Castelo" D.O.Rías Baixas-Albariño colleita 2009 foi galardoada con Medalla de Prata no prestixioso concurso internacional Mundus Vini, celebrado na cidade alemana de Neustdat do 27 de agosto ó 5 de setembro de 2010.
En dito concurso participaron 42 países con 5.800 viños, pois trátase do concurso máis importante de Alemaña do sector vitivinícola.

Parabéns a todos os nosos socios e colaboradores por este novo premio.

 
  • Páginas:
  •  1 
  •  2 
  •  3 
  •  4 
  •  5 
  •  6 
  •  7 
  •  8 
  •  9 
  •  10 

boton_seleccion

boton_castro

boton_lagar